“Xoubanova” un apelido galego que desaparecerá en poucos anos. Hoxe...

@xmrey
Xosé M. Rey@xmrey
26 views Aug 28, 2026 ~1 min read
Advertisement
1
“Xoubanova” un apelido galego que desaparecerá en poucos anos.
Hoxe na ferretería atopeime con Antonio Xoubanova e puxémonos a conversar sobre cantas persoas quedan vivas con ese marabilloso apelido. Antonio díxome que as coñece todas, pero que o apelido acabase porque —>>
Media image
Media image
2
Comentoume que as persoas con posibilidade de ter nova descendencia no futuro téñeno de segundo. Pregunteille pola orixe e… resultou que o apelido é francés. Os curas da nosa comarca (concretamente de Corcubión) fórono galequizando cos anos. Foi no 1809 cando o soldado —>
3
JOUBANOBA (pronúnciese en gabacho) decidiu quedar en Corcubión, onde emparentou e tivo descendencia. O cura que asentou a descendencia decidiu que en Galicia o correcto era XOUBANOBA. Máis outro cura máis adiante mudou inscribiu como XOUBANOVA, e aí están repartidos entre —->
Media image
4
Corcubión, Lira, Coruña, Santiago, Madrid e Valencia. O conto é que o irmán daquel francés emigrou a Uruguay, onde a súa descendencia conserva o apelido JOUBANOVA. Malia pasar 2 séculos, ambas ramas chegaron a contactar e recoñécense coma curmáns lonxanos.
Actions
What You Can Do
  • Export as PDF or Markdown
  • Batch Export to Notion
  • Bookmark & Highlight
  • Screenshot Tweet
Create Free Account

Includes 7-day Premium trial

Advertisement